Blogia
Relatos breves

"Zoom 93"; enviado y escrito por José Jardón.

Situo o zoom no 93, este foi apenas o ponto de partida para un dia delirante. Desleixado agarrei a porta, as chaves e nada máis sair sentin ese cheiro a podre das vellas casas sen encanto, vivira ali desde que era un cativo, antes de que esa madeira que agora ranxe escurece-se. Baixei as escaleiras con seguranza co pensamento de visitar o número 93 da miña rua para experimentar o que nunca experimentara antes: asasinar unha persoa.

Era un dia triste, a xente paseaba indiferente sen nen sequer ollar-se, co medo inquisidor da crítica constante, e ali estaba eu no limiar da porta ainda con algunhas dúbidas de se dirixir-me ou non a ese número 93 da rua Amoedo. Logo de curtas reflexións éticas, con ollar certeiro e con rumo fixo procurei o nomeado número 93. A procura resultou ben fácil. Diante de min erguia-se un antigo prédio dos que habia a moreas nesta parte da cidade. Debia conseguir entrar, para isto e dado que non dispuña de porteiro sentei a mañá inteira no portal daquel sartego. Para a miña surpresa apareceu para abri-lo unha moza xeitosa que non se imutou coa miña incómoda presenza, cando abriu trabei con disímulo o portal co pé para posteriormente poder introducir-me naquel que pretendia ser o lugar da miña experiéncia mortal. Visto o aspecto de abandono que apresentaba o imóbel: sucidade, humidade, un cheiro insuportábel, un teito a piques de cair,..supuxen que non estaria habitado por moita xente polo que decidin seguir con sixilo á bela inquilina que vira entrar habia un anaco. A madeira que cobria o piso ranxia a cada paso, en cada chanzo o que me poderia delatar en calquer momento. Cando ela estaba polo segundo andar oin un ruído, alertado ollei como se abria a porta do 2ºA, unha muller enxuta con anteollos escuros ao ver-me perguntou –qué cona fas diante da miña porta, naquel extremo tiven esta disxuntiva: entrar na casa da vella ou ben ignorá-la e ir pola mociña; finalmente impuxo-se a covardia e resolvin asaltar a anciá. Batin-a e coa primeira hóstia caiu redonda, arrastei-na para dentro. Unha vez que a anciá acordou, atada de pés e mans, comezou desesperada a berrar na busca de axuda, ben sabia ela que lle seria un esforzo baldio, encanto a escoitaba ouvear busquei coa inseguranza do asanino inexperiente o revólver que levaba agochado no casaco, asin-o con forza pero con un pulso que hesitaba e devalaba e con un corazón que latexaba a un ritmo furibundo dirixin o cañón á tempa da aterrada señora...boom un forte estrondo no intramundo daquela modesta vivenda. Despois do disparo ollei para as fotografias que no lugar do asasínio habia, parecia que meapontaban co dedo, xa que desde aquel instante deixaban de estar na memória daquela desconfiada anciá.

Os meus cincos sentidos achaban-se turbados: o olfacto percebia o fresco odor da pólvora, os tímpanos aturdidos polo son enxordecedor do disparo e os ollos contemplaban ese burato na cabeza desa anónima señora, sangue nas paredes e no tapete, alén disto cometin a morbosa ousadia de apalpar a defunta, sentin-a fria. Con unha morbideza que non suspeitaba que posuia achegei-me para probar o seu sangue, queria saber cal era o seu sabor. Tiña un sabor inefábel que non me desagradou, mais avinagrado polo paso do tempo. Antes de marchar reparei nese corpo senecto, atado e case feminino enzoufado de sangue coa sensación por unha banda de que xa cumprira o obxectivo fixe: matar un ser humano, e pola outra banda de que a experiéncia mortal non me reportara a satisfación persoal que estaba a buscar desde o comezo deste periplo. Quizá aquela anónima señora mercé ao fatídico 93 tivo un final que nunca chegou a imaxinar. Coa sensación de insatisfación, de querer mesmo máis, sain daquel 2ºA e pechei sen preocupacións polas repercusións que aquilo traeria consigo.

Tal relampo veu á miña mente para acalmar a miña inquedanza e ansias de vinganza a mociña que vira entrar no prédio, sen dubidá-lo resolvin buscá-la e para iso timbrei unha a unha en todas as casas, ninguen contestou. A miña paciéncia tiña un limite, estiven por pensar que aquela rapaza ou fora froito da miña imaxinária ou se agachara polo estrépito do meu revólver; porén no último daquel escuro prédio encontrei ao fin unha agardada contestación. Era ela, abriu a porta con confianza o que con certeza infundiu respeito ao meu ímpeto. Con voz enérxica e decidida perguntou –que demo desexa? Apesar de que xa me reputaba un home despiedado aquela contundéncia deixou-me naquel instante sen reacción. Cando reaxin ante aqueles ollos que misturaban harmonicamente antipatia e malícia e aquela magra e alba figura contestei o primeiro que se me veu á cabeza –son o da funerária que ven cobrar a cuota trimestral. Aquela ollada tornou-se risada como se o que dixera fose algo tremendamente divertido. A continuación ela contestou –que razón hai para que a invulnerábel MORTE pague tributo para a sua inumación? Eu fiquei calado e en desconcerto porque viña procurando sangue nova e atopara non sabia o qué.

A muller convidou-me a entrar naquel seu fogar, hesitei durante un momento avaliando o que poderia encontrar no “inferno”, ao final pudo máis as ansias de redención que a prudéncia e o sentido comun. Xa dentro, na entrada da casa, observei que tiña un visíbel apego ao pasado (vellas fotografias , unhas flores murchas, un reloxo que deixara de marcar as horas, necrolóxicas penduradas da parede, un vello Xesus Cristo coa testa amputada e cheio de pó...), isto polo contrário non me botou atrás porque decidira actuar sexa como for. Vista a entrada propuxo-me ir ao salón para falarmos, eu aceitei. Naquel salón surprendeu-me nada máis ve-lo a omnipresenza da imaxe en retratos, fotografias, óleos,.. de un home. Non atopei contra aos meus preconceitos nen velas, nen caveiras, nen unha estrela de cinco picos debuxada con sangue no chan. Iluso. Cando sentamos perguntei sen circunlóquios quén é que era ese que nos ollaba desde calquer lugar do salón, ela tras cavilá-lo dixo –este foi o único mortal ao que algun dia amei, mais morreu vítima das suas próprias equivocacións. Todavia coa dúvida entre os beizos insistin na miña inquisición –cais foron esas equivocacións? A morte farfullou –crer que a vida era eterna. Esta aseveración causalmente alentou a razón pola que eu fora a aquela vivenda: resarcir-me do insatisfatório asasínio do 2ºA.

Mans á obra, cabeza fria e pulso agora firme porque o obxectivo desta vez era máis móbel, era carne xove e por riba de todo enfrontaba-me á morte. Agardei despois dunha hora de absurda conversa a que ela se afastara de min, asi aconteceu, foi mexar ao cuarto de baño. Cando saiu agarrei-na in fraganti e din-lle sen compaixón co canto de un dos marcos dos mútiplos retratos daquel misterioso home, coa intención de deixá-la inconsciente, o topetazo foi rotundo e preciso. Acheguei-me ao lugar do que viñera para apagar a luz, e enriba da tampa do retrete encontrei várias papelas de heroína; apaguei-na. Con ese corpo inerme sentin que debia actuar con prontitude asi que segurei de novo o meu revólver, observei o número de balas que tiña no tambor, ainda tres, e apontei cara ese corpo delgado e fráxil atirado no chan. Pensando na insatisfación que me producira o primeiro asasinato non quixen rematar de un xeito tan rápido, asi que esperei a que recobra-se a consciéncia para a torturar. Ainda adurmiñada polo golpe que lle asestara acordou, mesmo asi non abandonara o seu mirar desfiante e maligno. Vendo que se encontraba fortemente atada de mans coa cadeia da cisterna do retrete perguntou con voz rouca –que é o que pretendes incauto, xogar coa morte? A miña resposta foi afirmativa –levo-a buscando desde o comezo do dia e non vou descansar até que non a disfrute en carne alleia. Aí escomecei unha série de torturas para comprobar a sua mortalidade. Para observar como sofria fun procurar un garfo á cociña para rabuñar-lle as pernas, fixen-o con especial sadismo agardardando que emitise os primeiros berros de dor, mais non o fixo, eu notoriamente irritado aumentei a miña violéncia, desta vez cravando-lle o garfo con saña na parte anterior dos pés. O sangue abrollaba en abundáncia e os gritos de dor non tardaron en se escoitar, a morte era humana, sofria, sentia. Esta sensación de superiodade deu-me azos para continuar a actuar contra a morte, pensando con delírio no fogo eterno no que arden eternamente os impios collin un botellin de álcool etílico de 90º para deitá-lo na cabeza da morte, para que sentise na sua pel o fogo purificador do averno en un devastador xogo de vinganza e divertimento. A cabeleira da rapaza ardia con furor, e como antes non pudo evitar berrar coa inaguentábel dor que lle producia. En un acto de boa fe resolvin sufocar o fogo botando-lle un pouco unha manta por riba que atopei nunha habitación interior. Non plenamente satisfeito, posto que non queria que a morte levase consigo unha derradeira imaxe do mundo ao que tanto fixera sofrer, precisaba privar á morte de vista, para iso empreguei o primeiro que pasou polas miñas mans, as chaves da sua casa. Os nervos iniciais converteran-se daquela en templanza. Aquelas chaves enferruxadas perseguiron o seu obxectivo sen dilación destrozando os seus globos oculares, a visión da imisericorde morte desta vez coincidia coa negritude do seu vestir. Derrotara á morte mais non consumara a miña obra para a plena satisfación. Tirei do casaco o revólver e co leve sorriso dos que cren cumprido o seu cometido disparei á sua caluga, a morte caiu sen remisión.

Esquivei o que se puxo diante dos meus pés e abandonei aquela casa con mellor sensación do que na anterior saída. Desde logo gostara máis do asasínio desta segunda vítima xa que ollara in situ cómo pode chegar a sofrer até o extremo unha persoa e cómo de despiedada pode sé-lo outra o que me fixo de feito recapacitar. Mentres baixaba as escaleiras o cheiro a podre do prédio seguia aí e iria a máis cando os corpos fosen apodrecendo, en realidade era algo que non me importaba. Non sen tempo estaba fora despois de horas de peripécias mortais. O mundo “real” permanecia igual, a xente camiñaba ignorando-se sen saber que aquel dia poderia ser o da...

Situo o zoom de Word no 100 e gardo o texto antes de observá-lo na vista preliminar. O tempo asignado que hoxe temos os internos para usar os computadores está rematando polo que teño que acabar aqui o meu relato.

Un psicótico no meu exílio.

2 comentarios

Supra Skytop -

Choose your love and love your choice. This is the truth. Do you think so?

Pablo Cuña -

Hola, queria decir que esta historia me ha parecido imaginativa y con un final muy original; esta opinion la doy desde mi humilde opinion.